viernes, 11 de mayo de 2012

A Santa Compaña.

A Santa Compaña é unha procesión de ánimas que andan polos camiños de noite. Así somos os galegos, xuntiños ata de mortos. O que ve a Santa Compaña ten que coller medo a forza, unha ánima pode non verte, unha procesión enteira sería raro que non te vise 
Dise que veñen buscalas ánimas dos que logo van morrer e iso quere dicir que se a ves pode ser que te veñan buscar a ti... mellor non vela sequera. Tamén poden vir a recriminarlle algún fallo o resto dos vivos ou cumplir un mandato do outro mundo. A mellor opción segue sendo non vela diante.

A orixe deste blog.

Este blog naceu pola miña afición a recopilación de lendas do folclore galego, e pola imposibilidade de atopalas todas xuntas. Pero tamén para poder expresarme con algunha que outra frase ou algún conto da miña imaxinación. Polo tanto non vai ser só un blog de lendas.